Escoitar

O Concello concede licenza a oito vivendas e completa a regularización do "Barrio das Cores"

Así o indicou este venres Abel Caballero, tras a celebración da Xerencia de Urbanismo na que se deu conta da concesión de permisos de primeira ocupación ás últimas oito vivendas pendentes do Residencial Aires, o coñecido como o "Barrio das Cores", en Castrelos, construido hai quince anos.

venres, 11 xul 2014
Explicou Caballero que o Residencial Aires conta con máis dun centenar de vivendas e, tras a concesión hoxe de licenza a oito vivendas, o goberno local finaliza a regularización do barrio. O primeiro edil recordou que a urbanización do espazo non se completara por problemas de financiamento da constructora, resolto polo Concello de Vigo o que fixo posible tramitar os permisos.

Realoxo
A Xerencia de Urbanismo deste venres tamén acordou a adxudicación dunha vivenda municipal en Teixugueiras 17, adaptada para persoas con mobilidade reducida, a unha muller con "gravísimos problemas de mobilidade", en verbas do alcalde. Caballero salientou que esta decisión evita un desafiuzamento na cidade.