Escoitar

O goberno local impulsa cun convenio a celebración do "Lecer no Verán" para discapacitados

O alcalde asinou este xoves un acordo para a organización deste programa municipal de respiro familiar para persoas con discapacidade, nos meses de xullo e agosto. O Concello sufraga o "Lecer no Verán" con 31.000 euros, Caixabank achega 4.500 euros e a Central Radio Taxi e a Plataforma "Paso Vigo" prestarán o servizo de transporte "porta a porta" no mes de xullo.

xoves, 10 xul 2014
1404993639lecernoveran.JPG
Trátase, dixo o alcalde, dun programa de respiro familiar que desenvolve o goberno local en xullo e agosto, iniciativa dotada con 31.000 euros e sufragada prácticamente na súa totalidade polo Concello. O Centro San Francisco acolle en agosto "Divírtete no verán" e, en xullo o Verbum será a sede de Verán de lecer, ambos dentro do proxecto "Lecer no Verán".

Caixabank colabora asumindo parte do coste dos desprazamentos –4.500 euros-, mentres que o Concello financia, coordina e supervisa o desenvolvemento do programa, servizos e prestacións, como por exemplo o comedor, monitores, acompañantes, etc. Central Radio Taxi, en colaboración coas entidades que conforman a Plataforma "Paso Vigo", prestan o servizo de transporte "porta a porta", mediante Eurotaxis e vehículos adaptados.
Descargar todas as imaxes