O goberno de Vigo achega 65.000 euros para levar adiante ludotecas en Coruxo, Lavadores e o Calvario
Abel Caballero asinou hoxe mércores os convenios municipais cos representantes do CRAC de Coruxo, a Asociación de Veciños de Lavadores e APAMP para a organización e realización de ludotecas, financiadas na súa totalidade polo Concello de Vigo.
O alcalde de Vigo rubricou este mércores os convenios de colaboración co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores e coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral para a organización e realización de ludotecas durante o presente ano, entidades ás que o Concello achega en total 65.000 euros para o seu financiamento íntegro.
Caballero explicou que as ludotecas son unha "actividade cunha gran demanda na cidade" e unha "forma moi importante de conciliar a vida laboral e familiar", ao tempo que recordou as case 20.000 prazas que oferta o goberno local este verán en campamentos e actividades infantís e xuvenís.
Descargar todas as imaxes