Escoitar

Estrea en Vigo " YO DECIDO el tren de la libertad"

O próximo 10 de xullo será a estrea simultánea do documental "YO DECIDO: El tren de la Libertad" en diferentes cidades do Estado. No caso de Vigo o Colectivo de Mulleres Cineastas contra a Reforma da Lei do Aborto convida a estrea que será ás 20,00h no auditorio do Concello- Praza do Rei<br /> Entrada libre ata completar aforo. Presentación a cargo de Uxía Blanco, Ana Laura Pereira, e Marta Villar, representantes do Colectivo de Mulleres Cineastas. Proxección seguida dun coloquio<br />

martes, 8 xul 2014
1404814306yodecido.jpg
Máis de oitenta mulleres cineastas -directoras, montadoras, produtoras, guionistas, directoras de fotografía...- reuníronse o pasado mes de febreiro para facer unha película documental sobre a chegada a Madrid do "Tren da Liberdade" e a posterior manifestación en contra da reforma da lei do aborto que pretende o Goberno do Partido Popular.

Manifestacións de apoio noutras cidades do mundo Edimburgo, Roma, París, Buenos Aires-, outras accións contra a reforma, o testemuño de moitas das persoas que acudiron o pasado 1 de febreiro á protesta en Madrid, o recordo da loita fai trinta anos por conseguir un aborto legal en España completan esta película.
Descargar todas as imaxes