Escoitar

O Concello repartirá este verán 2.500 pulseiras identificativas nas praias de Vigo

O alcalde animou aos bañistas a poñer aos nenos estas pulseiras que entrega de balde o Concello e permiten identificalos en caso de perderse e contactar rápidamente cos seus maiores. Están disponibles, segundo informou Caballero, nas casetas de socorrismo e da Policía Local de Samil, o Vao e Rodas.

mércores, 9 xul 2014
1404906924pulsera.JPG
O goberno de Vigo dispón novamente este verán das pulseiras de identificación para os menores que, cubertas con datos de contacto, permiten aos servizos de seguridade e emerxencia localizar con rapidez aos pais dos nenos que se poidan perder nas praias.

Caballero indicou que o Concello fará entrega este verán de 2.500 pulseiras para aqueles que o desexen e se acheguen á sede da Policía Local de Samil ou aos postos municipais de socorrismo -xestionados pola Cruz Vermella- nas praias de Samil, O Vao e Rodas. A pulseira levará datos de contacto e a Policía Local elaborará un rexistro que facilite a identificación dos usuarios.

O rexedor explicou que a Policía Local, a Cruz Vermella e Protección Civil contan cun protocolo de actuación co procedemento a seguir en caso de perda dun menor pero animou igualmente á cidadanía a empregar as pulseiras, que ofrecen "toda a garantia". Caballero indicou que o obxectivo é evitar os "momentos de tensión" das familias e enfatizou o número "significativo" de rapaces que se perden nas praias, 150 nenos o pasado verán.

Abel Caballero recalcou que o servizo municipal de salvamento e socorrismo opera en dez praias, formado por 60 socorristas e 15 axentes da unidade Costa e Praia da Policía Local. Recordou o alcalde que Vigo obtivo este ano 11 bandeiras azuis, para nove areais, o Museo do Mar e o sendeiro fluvial do Lagares, sendo a olívica a cidade española con maior número de distincións, superando as dez de Cartagena.
Descargar todas as imaxes