Escoitar

O goberno de Vigo contrata a 100 profesionais para acometer melloras en toda a cidade

O alcalde visitou este xoves no Parque Central ao persoal contratado a través do programa municipal VigoEmprega, unha iniciativa de emprego na que o Concello inviste case 700.000 euros. Os 100 profesionais reciben formación e traballan na cidade, como en mellora de beirarrúas, obras en instalacións municipais ou limpeza de viais, entre outras.

xoves, 10 xul 2014
1404993564vigoemprega.JPG
Abel Caballero salientou que VigoEmprega é un programa de inserción laboral que inclúe formación e traballos en diferentes ámbitos da cidade, cun investimento municipal de 680.000 euros.

Este programa forma parte dos proxectos de emprego directo do Concello de Vigo, tal e como explicou Caballero, administración que xera entre "dous mil e tres mil" empregos anuais, sumando os plans directos e os investimentos públicos do goberno local. O alcalde recordou que o orzamento directo de Emprego este ano ascende a 5,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes