Escoitar

O Concello incorpora a 49 coidadores de barrio e amplía a cinco as zonas de actuación

O alcalde explicou que os coidadores de barrio contratados polo Concello amplían este ano a súa presencia na cidade e traballarán no Casco Vello, Calvario, Teis, Balaídos-Praza de América e en Bouzas. O goberno local adica 947.000 euros a un programa que se alongará ata o verán de 2015.

venres, 11 xul 2014
1405080450coidadores.JPG
Caballero avanzou que nos orzamentos municipais do próximo ano se incorporarán máis barrios ao programa de coidadores de barrio, iniciado no Casco Vello e que para este ano chega a cinco zonas da cidade. Esta decisión se debe a que "recibimos unha gran demanda" deste servizo, aclarou.

O Concello adica 395.000 euros en 2014 e outros 540.000 euros no próximo ano para atender desde hoxe e ata o verán de 2015 ás xentes dos nomeados barrios. O equipo está formado por 30 coidadores con presenza nas rúas e persoal de dirección, psicólogos, educadores sociais e, como novidade, unha brigada de apoio para necesidades específicas nas parroquias. Os coidadores proporcionan "proximidade", explicou Caballero, aos veciños, atención a residentes e incluso axuda a persoas con dificultades de empregabilidade.
Descargar todas as imaxes