Caballero solicita á Xunta e Estado que inclúan cláusulas sociolaborais nas súas obras en Vigo
O alcalde agarda que os gobernos autonómico e central incorporen nas súas licitacións na cidade cláusulas como as do Concello, para garantir o cumprimento das condicions laborais, de calidade no emprego e para conseguir contratar a máis traballadores eliminando as horas extra.
            Caballero mantivo este venres unha reunión con representantes sindicais onde revisaron as cláusulas sociais de emprego que está a incorporar o Concello de Vigo nas súas contratacións para garantir o cumprimento das condicións laborais dos traballadores, algo que foi "moi ben recibido polas tres centrais sindicais". 
O alcalde solicitou á Xunta de Galicia e ao Goberno de España que imiten o modelo municipal e sigan o mesmo proceso de "respecto ás condicións laborais, á calidade do emprego, aos salarios e a dar máis emprego eliminando as horas extras", asegurou, reducíndoas a cero posibilitando contratar a máis traballadores.
    
                Descargar todas as imaxes