Escoitar

O Concello homenaxe ao fundador de Vegalsa cunha rúa polo seu "traballo en favor da cidade"

O alcalde de Vigo presidiu este venres o acto de descubrimento de placa da nova rúa Ventura González Prieto, xunto ao Centro Comercial Travesía, un "recoñecemento" e "homenaxe" da cidade, en verbas de Caballero, ao traballo en Vigo do fundador da hoxe Vegalsa-Eroski durante décadas.

venres, 4 xul 2014
1404474939calle.JPG
Ao remate do acto, e ante os medios de comunicación, Abel Caballero subliñou que a designación desta rúa no Troncal -onde está situada unha nave de almacenaxe da empresa desde hai décadas- é a "homenaxe da cidade a un gran traballador", cunha longa traxectoria no sector da alimentación, primeiro no comercio local, no en SPAR, Vegonsa e agora Vegalsa-Eroski.

O alcalde da cidade puxo en valor as ducias de establecementos cos que conta a empresa no gran Vigo e os centos de postos de traballo que emprega na urbe. "O noso aprecio e recoñecemento aos que traballan pola cidade de forma activa", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes