venres, 4 xul 2014
O alcalde de Vigo presidiu este venres o acto de descubrimento de placa da nova rúa Ventura González Prieto, xunto ao Centro Comercial Travesía, un "recoñecemento" e "homenaxe" da cidade, en verbas de Caballero, ao traballo en Vigo do fundador da hoxe Vegalsa-Eroski durante décadas.
venres, 4 xul 2014
Onte xoves, o alcalde de Vigo desprazouse a Oporto nunha visita oficial ao concello portugués, onde acordaron impulsar un proxecto de promoción turística no exterior, cooperar nos ámbitos de rehabilitación dos cascos históricos e traballar para conseguir financiamento europeo en proxectos de cidades intelixentes.
A batería Lucía Martínez trae o seu proxecto berlinés ao Auditorio Municipal do concello ás 21h
venres, 4 xul 2014
A última xornada de Imaxina Sons o sábado 5 de xullo comeza á unha do mediodía e remata á unha da madrugada. Unha xornada completa que arranca con "Jazz fóra de lugar" na rúa de Londres e finaliza con "Jazz na noite" no club Xancarajazz. No medio, dous pratos fortes: Lucia Martínez Berliner Projekt AzulCielo no Auditorio Municipal do concello ás 21h e, despois, na praza da Constitución ás 23h, Riverside Quartet, a formación liderada polo trompetista Dave Douglas e o saxo Chet Doxas en tributo á música de Jimmy Giuffre.
venres, 4 xul 2014
A Concellería de Politica de Benestar pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao durante os meses de xullo e agosto.