Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 3 xul 2014

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE XULLO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 20 de xuño, extraordinaria e urxente do 23 de xuño e extraordinaria e urxente do 26 de xuño de 2014.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia"(AFAGA) para o desenvolvemento dun programa de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencia neurodexenerativa- ano 2014. Expte. 95694/301.

3.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de Personas Sordas de Vigo" para a prestación do servizo de intérprete de língua de signos-ano 2014. Expte. 96058/301.

4.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Menela para o desenvolvemento do Programa de Respiro Familiar- ano 2014. Expte. 96057/301.

CONTRATACIÓN
5.- Proposta para declarar deserto o procedemento aberto para a contratación da concesión da explotación da cafetería Mirador de O Castro. Expte. 19659/240.

6.- Clasificación de ofertas para a contratación das "obras de reforzo da capa de rodadura do firme na Avda. do Tranvía do PK3+140 a PK3+890". Expte. 70546/250.

7.- Clasificación de ofertas para a contratación da póliza de vida e accidentes do persoal ao servizo do Concello de Vigo. Expte. 24360/220.

8.- Adxudicación da contratación dos servizos de Seguridade e Vixiancia de CEDRO e UBAS. Expte. 88648/301.

9.- Devolución de garantía a INELSA S.A. Expte. 3997/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
10.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados no Servizo de Festas durante o mes de xuño de 2014. Expte. 5665/335.

11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para a organización da Festa do Mexillón 2014. Expte. 5539/335.

DEPORTES
12.- Bases da convocatoria específica para o desenvolvemento do Proxecto de subvencións a entidades sen ánimo de lucro pola súa actividade na tempada deportiva 2013/2014. Expte. 13146/333.


EDUCACIÓN
13.- Listas definitivas de adxudicación de prazas e lista de agarda nas Escolas Infantís municipais, curso 2014-2015. Expte. 16206/332.

14.- Solicitude á Consellería de Educación da desafectación de uso educativo do local sito na rúa Palencia nº 34 e o local sinto na rúa Nogal nº 8. Expte. 16205/332.

EMPREGO
15.- Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para o Fomento de Emprego de entidades sen ánimo de lucro- ano 2014. Expte. 10969/77.

OSPIO
16.- Proxecto de "renovación das redes de abastecemento e saneamento da rúa Ronda de Don Bosco, de Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno". Expte. 2546/443.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
17.- Proxecto de convenio de colaboración coa Unión Comarcal de Comisións Obreiras (CC.OO) de Vigo, para axudar ao financiamento das actividades da entidade e mantemento para o 2014.Expte. 6595/320.

PATRIMONIO
18.- Aboamento á Comunidade de Propietarios de Caldas de Reis 1, de cotas ordinarias e extraordinarias por importe de 1.950 €, da vivenda cedida polo IGVS. Expte. 315/242.

RECURSOS HUMANOS
19.- Produtividade por xornada partida do persoal adscrito ao Servizo de Cemiterios, maio-2014. Expte. 25362/220.

20.- Gratificación de servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual, Servizo de Cemiterios, maio-2014. Expte. 25361/220.

21.- Festividade e noturnidade do persoal de distintos servizos municipais, maio-2014. Expte. 25363/220.

22.- Produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección, maio-2014. Expte. 25359/220.

23.- Rectificación erro material do acordo X.Goberno local 30.05.14 sobre gratificación do persoal do Servizo de Cemiterios-abril 2014. Expte. 25414/220.

24.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de dous/duas diplomados/as en traballo social, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do EBEP, por un prazo máximo de seis meses. Expte. 25309/220.

25.- Dar conta de resolucións do Sr. Concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal:

a) Sobre execución urxente de sentenza nº 363, do 22 de maio, dictada polo Xulgado do Social nº 4-Reforzo no procedemento 1042/2013 (Mª Asunción Pérez González). Expte. 24348/220.
b) Sobre autorización reducción e xornada a Dª Soledad García Riveiro. Expte. 25342/220.
c) Sobre autorización de permiso non retribuido a Dª Juana Mª Ramiro García. Expte. 25316/220.
d) Sobre previsión de horas extras para los meses de xullo, agosto e setembro Concellería de Fomento (Vias e Obras-Inspección de Obras). Expte. 25367/220.
e) Autorización horas taller Vias e Obras (Subministro combustible xuño 14). Expte. 25317/220.
f) Anulación da reducción de xornada anterior e solicitude de reducción xornada unha hora a Dª Mónica Muradas Garrido. Expte. 25343/220.

SEGURIDADE
26.- Devolución de aval a Mª José Cruces Domínguez. Expte. 89631/210.

SERVIZOS
27.- Addenda nº 3 ao Convenio subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, e o Concello de Vigo con Aguas de las Cuencas del Norte S.A., como usuarios da actuación hidráulica "Saneamento de Vigo". Expte. 2494/440.

TRANSPORTES
28.- Resolución de solicitude formulada pola Empresa Gomez Ulla S.L. na data 28.06.12 en relación con procedemento administrativo de desahucio. Expte. 315/449.

29.- Indemnizacións substitutiva por importe de 24.569,62 € a favor de INTERPARKING S.A. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento da Praza de Portugal- maio 2014. Expte. 362/449.

30.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de xullo de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 2 de xullo de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.