Hugo Carvalhais e Sumrrá, programa doble para o xoves 3 de xullo no Imaxina Sons
Comezan os concertos de Imaxina Sons na Praza da Constitución o xoves 3 de xullo e arrancan co proxecto especial do grupo Sumrrá para a décima edición do festival. Subirán ao escenario ás 23h con convidados: a cantora Iria Peña, o guitarrista de Os Suaves Alberto Cereijo, DJ Mil e o cuarteto de corda vigués Suelen Estar Quartet. Antes, ás 21h, o contrabaixista portugués Hugo Carvalhais actúa no Auditorio Municipal do concello (praza do Rei).
Sen dúbida ningunha un dos novos talentos do jazz en Portugal e no conxunto de Europa, Hugo Carvalhais (Porto, 1978) achégase por vez primeira a Vigo en formato trío. O contrabaixista estudou na súa cidade natal pintura, na facultade de Belas Artes, ao tempo que comezou a formarse de maneira autodidacta como músico. Participa en seminarios con artistas como Ron Carter, Eddie Gomez, Hein Van de Geyn, Mario Pavone, Carlos Bica e Miroslav Vitous. Esta considerado un contrabaixista "sui generis" e o máis talentoso da súa xeración. En 2010 edita Nebulosa (Clean Feed Records), no que conta coa colaboración do saxofonista Tim Berne, e que chegaría a ser considerado un dos mellor álbums do ano pola revista Jazz.pt. Xunto a Carvalhais, no escenario de Imaxina Sons, o saxofonista Liudas Mockmas e o batería Mário Costa. As entradas teñen un prezo de 5 euros e a billeteira abre unha hora antes do concerto.
Na noite, no palco da Praza da Constitución, concerto de Sumrrá, grupo que participou na primeira edición do festival en 2005. Hai 14 anos e 4 discos que a banda Sumrá nacía en Compostela. O ano 2014 marcará un cambio de ciclo para o grupo que, entre outras liñas de traballo, afronta a súa difusión internacional, con primeiros pasos en Sudáfrica, Bulgaria, Bolivia e París. Este cambio de ciclo sumado á décima edición de Imaxina Sons dá como resultado un proxecto especial creado para o festival, un agasallo para o público galego que apoia e enche os concertos de Summrá.
Aos membros de Sumrrá: o pianista Manuel Gutierrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R Legido súmanselles para esta especial ocasión DJ Mil, o guitarrista dos Suaves Alberto Cereijo, a cantora flamenca Iria Peña e o cuarteto de corda vigués Suelen Estar Quartet.
A xornada Imaxina Sons do xoves 3 de xullo comeza no salón do actos do MARCO ás 11h co obradoiro "Ningún son é inocente" a cargo do guitarrista Pablo Rega e do batería Javier Carmona, integrantes de Bruitage.
Máis info:
www.imaxinasons.com
www.vigocultura.org