O Concello convenia con FOANPAS a xestión de actividades e as bolsas de comedor escolar
O alcalde rubricou o acordo polo que o goberno de Vigo achega 606.000 euros á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos para a realización de actividades extraescolares e a xestión das achegas de comedor. O Concello adica máis 2 millóns de euros para conceder 5.000 bolsas.
Nas máis de 200 actividades extraescolares financiadas polo goberno de Vigo a través de FOANPAS participan máis de 10.000 nenos e nenas, tal e como afirmou hoxe mércores o alcalde, accións de carácter deportivo (natación, fútbol, baloncesto, baile, patinaxe...), de informática, idiomas, teatro e pintura, entre outras. Caballero agradeceu a Foanpas que realice os trámites administrativos das bolsas de comedor e actividades extraescolares que financia íntegramente o Concello, reiterando que esta asociación de nais e pais non ten máis axuda económica que a municipal.
Incluíndo estos 606.000 euros, o Concello destina no curso que comeza máis dous millóns de euros á concesión de bolsas de comedor e libros que benefician a 5.000 escolares. Abel Caballero recordou que a administración local ven incrementando a partida ao efecto, cubrindo un recorte de 178.000 euros aplicado polo goberno autonómico o pasado ano.
Descargar todas as imaxes