As once bandeiras azuis xa ondean en Vigo, a cidade española con máis distincións
A praia do Vao acolleu este mércores o acto de izado das nove bandeiras azuis que distinguen a calidade e os servizos das praias viguesas. O camiño do Lagares tamén recibiu este ano o sendeiro azul e o Museo do Mar, edificio azul, co que Vigo acada en 2014 once distincións, o maior número de recoñecementos colleitado polas grandes cidades de España, segundo apuntou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o vicepresidente de ADEAC, José Palacios, acudiron hoxe mércores á praia do Vao para o izado das nove bandeiras azuis recibidas para os areais vigueses.
O rexedor amosou a súa "satisfacción" porque Vigo revalida este ano as bandeiras azuis do pasado 2013, recoñecendo a calidade e os servizos dos areais do Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muiños do Fortiñón, Canido e Fontaíña. O sendeiro azul do Lagares e o edificio do Museo de Mar elevan a once a cifra de distincións, convertendo a Vigo na gran cidade española con maior número de recoñecementos, do que "estamos moi orgullosos", asegurou Caballero.
Abel Caballero recordou que o goberno local mantén tamén este ano os servizos de salvamento e socorrismo. Concretamente, o Concello de Vigo contrata á Cruz Vermella a atención nas praias, unha ambulancia propia e 60 socorristas en total que vixiarán, desde o pasado 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns).
O socorrismo está presente cada dia durante os meses de xullo e agosto e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde. Vigo mantén as mesmas prestacións en vixiancia de praias que otros anos, incluindo unha ambulancia propia, e 15 axentes da sección de Costa e Praia da Policía Local adicados aos areais vigueses.
Descargar todas as imaxes