Escoitar

O Concello investiu preto de 200 millóns de euros en políticas sociais e de emprego nos últimos 7 anos

Abel Caballero presentou hoxe os 3+4 anos de goberno nos que "houbo unha revolución para mellorar a cidade e sobre todo aos que máis o precisan". Así o explicou no Auditorio Municipal onde detallo que nos últimos sete anos o Concello destiñou 150 millóns a política social e 45 millóns a accións directas de creación de emprego, unha cifra á que hai que sumar os 17.000 postos de traballo que xeraron as políticas keynesianas e que, entre outros aspectos, permitiron humanizar 510 rúas da cidade.

martes, 1 xul 2014
1404220359foto1.JPG
Abel Caballero destacou esta mañá no Auditorio Municipal a aposta do seu goberno pola mellora da calidade de vida dos vigueses, contruíndo unha cidade "igualitaria" que ven melloradas as rúas no centro e nas parroquias. Durante a presentación do balance de 3+4 anos de goberno Caballero cifrou en 510 as rúas humanizadas desde 2007, das que 47 se realizaron no último ano. A estes investimentos sumou 130 parques infantís -novos ou reformados; 5 parques biosaudables; 15 pistas deportivas remodeladas ou 3.000 bancos instalados. Estas políticas keynesianas, explicou, xeraron 17.000 postos de traballo en 7 anos, unha aposta polo emprego que tamén se reflicte nos 45 millóns de euros en axudas directas á creación de postos de traballo.

Acompañado polos dez conselleiros do Goberno e por un nutrido número de representantes de distintos colectivos sociais, veciñais, sindicais e empresariais, o alcalde comezou a falar de política social referíndose aos 2,5 millóns do Programa de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, pobreza enerxética e alimentación, lembrando a posta en marcha da tarxeta da dignidade. A apertura do Centro de Inclusión Social -dotado cun millón de euros ao ano-, o servizo de teleasistencia, 450.000 euros para axudas de emerxencia, programas como xantar na casa -con 120 beneficiarios- súmanse á subvención de ducias de asociacións e colectivos sociais. Falamos, cuantificou o rexedor, "dun investimento de 150 anos en política social nos últimos 7 anos",

No tocante a situación financeira do Concello dixo que "somos o máis saneado de España de rexime xeral, camiño da débeda cero e ao día no pago a proveedores, cun prazo de pago de 20 días, o máis baixo de España". Asimesmo, aludiu ás contas de 2014 como "sétimo orzamento aprobado de xeito consecutivo o que da conta da gran estabilidade política que ten Vigo" . Segundo datos do Ministerio de Facenda, a débeda por habitante é de 97 euros, mentres que "a carga fiscal é a menor de toda Galicia e unha das máis baixas de España".

A evolución urbanística da cidade foi outro dos apartados destacado polo rexedor, facendo fincapé la "legalidade urbanística que agora existe na cidade". Referiuse ao desbloqueo do Barrio do Cura, a boa marcha de proxectos como o edificio Bandeira, ou o desenvolvemento de ámbitos como Falcoa ou Balaídos, entre outros moitos. Tamén lembrou "a gran cidade romana que foi Vigo, Búrbida" e que todos os vigueses e viguesas poden visitar no recién inaugurado Centro de Interpretación de Toralla, ou a venta de pisos municipais en República Arxentina "que nin siquera estaban inscritos ao nome do Concello" e que agora permitirán construír a Cidade da Xustiza.

A política educativa contou ao longo deste sete anos con máis de 50 millóns para o mantemento de centros públicos, una aposta polo ensino que se materializa nun programa tan importante como as bolsas de inglés, das que se beneficiaron 2.500 alumnos. Referiuse á Uned, que se vai trasladar ao Auditorio do Mar, ás 4 novas escolas infantís, á cuberta do patio do centro Rodríguez Castelao, ou as 5.000 bolsas de comedor "porque en Vigo non hai ningún neno que precise bolsa, sen ela".

Respecto ao transporte público, destacou o conxelación de tarifas por terceiro ano consecutivo, máis liñas, 500 novas marquesinas e unha subvención de 12 millóns de euros para apoiar a maiores, xóvenes, desempregados, ademais de financiar a tarxeta verde. Caballero non esqueceu aludir a Vigo como cidade segura, unha situación á que contribúen medidas vencelladas ao tráfico como o plan de semaforización que se está a acometer, co "obxectivo de facer unha cidade máis porosa", poñendo como exemplo a retirada das pasarelas da Avenida Castelao.

Vigo é tamén unha cidade do deporte, unha afirmación á que deu forma lembrando os tres pavillóns deportivos construídos ou en marcha da Etea, Candeán e Navia, aos que se suman os centros deportivos de auga de Florida e Barreiro e a piscina de Valladares. 4.000 nenos en escolas deportivas, a construcción do centro deportivo de Navia, ou a reforma de Balaídos.

O auditorio Mar de Vigo supoxo "unha revolución cultural na cidade que costou moito sacar adiante -apuntou- aínda que agora é unha realidade". Neste punto, mencionou o importante número de festivais e eventos que promovo o Concello, ao tempo que reiterou que todos os museos da cidade "están prácticamente sostidos con cartos municipais".

Respecto do comercio e do turismo, o rexedor fixo unha mención especial á iniciativa de convertir as Illas Cíes en Patrimonio da Humanidade. Destacou o éxito da posta en marcha da taxa cero para as terrazas, así como da remodelación do mercado do Berbés e do Progreso.

En relación co medio ambiente, destacou a recuperación do río Lagares, a construcción da nova depuradora, as hortas urbanas ou os 500 voluntarios do programa Camiño a Camiño. En relación coa calidade de vida, referiuse tamén ás escobas de platino recibidas pola limpeza da cidade, lembrando que "Vigo é a cidade máis limpa de España".
Descargar todas as imaxes