A Corporación aproba unha amortización de crédito de 11 millóns que permitirá aforrar 3,2 millóns
As arcas públicas aforrarán 3,2 millóns en intereses grazas á amortización de crédito de 11 millóns que aprobou esta mañá a Corporación municipal. Tal e como explicou a tentente de alcalde e presidenta no Pleno, Carmela Silva, esta operación é un paso máis do plan adoptado en 2013 cara á débeda cero e segue a manter a Vigo entre as cidades menos endebedadas de España.
A tenente de alcalde, Carmela Silva, defendeu na sesión Plenaria desta mañá unha proposta de amortización extraordinaria de crédito dentro do plan marcado no ano 2013 cara á débeda cero. Segundo ese plan, este ano amortizaránse 11 millóns dunha operación concertada en 2013 e dunha anualidade adicional da operación concertada en 2010. A finais deste exercicio, vaticinou, o endebedamento será de 28.769.410,53 euros e o coeficiente de endebedamento do 12,24 por 100 sobre os recursos liquidados. Como se sabe, dixo Silva, o coeficiente máximo que establece o Real Decreto Lexislativo 2/2004, é dunha porcentaxe do 110%, aínda que nestes dous últimos anos, estase a establecer este límite no 75%. Os votos do PSOE e do PP foron quen de aprobar unha proposta que xera aforros por unha cuantía de 3.287.582,43 euros. O grupo de BNG votou en contra.
Tal e como explicou a edil socialista, a situación de endebedamento financeiro do Concello de Vigo, está moi por debaixo das porcentaxes legais o que supón, unha vez máis, unha xestión da economía do Concello extraordinaria. Para que se podían valorar na sua magnitude estés datos, engadiu, cabe sinalar que estamos a falar dunha débeda por habitante de 97,54 euros.
Durante a súa intervención, a tenente de alcalde, avanzou que as viguesas e os vigueses "teñen asegurado o presente e o futuro". "Esto non ocurre nun importante número de concellos que se atopan endebedados para varias xeracións. En Vigo, non. En Vigo camiñamos a paso de xigante cara a débeda cero", contatou.
Silva lembrou ante o Pleno que a decisión de amortización anticipada do ano 2013, supuxo un aforro de 3.527.454,87 euros para o ano 2014, sen contar o último trimestre do ano 2013. Este aforro permitiu que o Orzamento do ano 2014, aínda nunha situación de conxelación impositiva, dun maior gasto no servizo de tratamento de residuos e dunha caida nas entregas dos Tributos do Estado do 3,5%, tivese adicado máis recursos ás políticas sociais, xa que non só se produce un aforro nos custos financeiros da operación, senón que posibilita o traspaso de recursos a outros capítulos de gasto: de emprego, becas de comedor para nenos, axudas a alugueiros de vivendas, axudas a comedores sociais, axudas para alimentos, Centro de servizos sociais, etc. De non ter adoptado esta decisión, apostilou, "non houbese sido posible, ter os recursos destinados a políticas sociais que recolle o orzamento do ano 2014, senón que terían que estar destinados a pagar aos bancos".
Polo tanto, insistiu, agora, está a darse outro paso nesta mesma dirección, "aforrar en custos financeiros e nas devolucións anuais de pasivos, para liberar recursos para un destino máis social, atendendo non aos bancos, senón aos cidadás e aos seus problemas".