Escoitar

O rexedor amosa a súa satisfacción porque o informe do Poder Xudicial avala as teses de Vigo

En verbas de Abel Caballero, o informe do Consello do Poder Xudicial que avala que Vigo manteña a súa demarcación obriga "moral e políticamente" ao Goberno central a recoñecer que "Vigo teña o seu propio desenvolvemento territorial no ámbito da xustiza". En rolda de prensa, o rexedor amosou a "súa satisfaccón" co dictame emitido polo órgano dos xuíces.

venres, 27 xuñ 2014
Abel Caballero manifestou hoxe a súa "satisfacción" polo informe emitido polo Consello do Poder Xudicial que avala a singularidade, a importancia e a posición exclusiva de Vigo, de xeito que algunhas cidades deben manter unha demarcación xudicial propia cunha sede de referencia. Tal e como explicou o rexedor, Vigo encabeza ese número de cidades que deberían ter un trato diferenciado e recoñecou que "onte se deu un paso moi importante". Logo de agradecer aos promotores das enmendas a súa labor en favor da cidade, Caballero apostilou que nestes momentos "o Goberno central ten a obriga moral e política de avalar que Vigo teña o seu propio desenvolvemento territorial no ámbito da xustiza". Antes de rematar, o alcalde invitou a toda a cidade a achegarse ao Concerto reinvindicativo que hoxe á partir das 21,00 horas ofrecerá a Coral Casablanca na Porta do Sol.