venres, 27 xuño 2014

Caballero asegura que Volotea ampliará o próximo ano os destinos desde Vigo

O alcalde mantivo unha reunión cos responsables da compañía para avaliar o funcionamento dos voos que operan desde Vigo a Ibiza, Valencia e Palma, rutas que van "francamente ben". Caballero confía en que "en setembro" Volotea decida que un avión teña base en Vigo -que significaría entre 25 e 30 empregos na cidade- e asegurou que a aeroliña vai "ampliar as rutas" desde Vigo para a próxima tempada.

Inscrición no XX Festival Folclórico Internacional

venres, 27 xuñ 2014

O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a Concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa vixésima edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 5 e o 10 de agosto. O festival inclúese na programación Vigo en Festas 2014. O festival ten por obxecto fomentar, promocionar e achegar a cultura tradicional e o folclore popular á cidadanía, polo que ofértanse un número máximo de CINCO beneficiarios de actuacións para a presente edición.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A FAMILIAS<br />

venres, 27 xuñ 2014

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do día 30 de maio de 2014, aprobou as bases e a convocatoria do «Programa Municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014»