xoves, 26 xuñ 2014
Un total de 450 maiores de 65 anos participaron desde o mes de setembro no programa de actividade física para a terceira idade. O rexedor participou hoxe na clausura desta iniciativa municipal que oferta cursos de natación e ximnasia nas intalacións de Lavadores, Teis e As Travesas.
xoves, 26 xuñ 2014
O Concello de Vigo rubrica un convenio cos directores dos centros educativos da cidade para poder xestionar as bolsas de comedor escolar e subvencionar aos nenos de 84 colexios. Abel Caballero recordou que a achega total ao efecto aproxímase aos dous millóns de euros, beneficiando a 5.000 escolares.
xoves, 26 xuñ 2014
O alcalde de Vigo avanzou que no próximo Pleno da Corporación tomarase coñecemento da renuncia da concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, quen "atravesa complicadas situacións personais". Caballero eloxiou o papel "excepcional" que tivo como edil e desexoulle unha pronta recuperación.
xoves, 26 xuñ 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a decimocuarta edición da Vigo Cup, prevista do vindeiro luns día 30 ao 6 de xullo para fútbol (sub 14 e sub 16) e fútbol 7 (sub 7, sub 8, sub 10, sub 12 e Damas). O tradicional campionato, torneo internacional de fútbol base, é non só "un gran evento deportivo", explicou o rexedor, senón tamén "unha mobilización masiva en torno ao fútbol", organizada polo Concello a través da colaboración da Concellería de Deportes, a Fundación VIDE e o IMD.
xoves, 26 xuñ 2014
Na tarde deste xoves tivo unha reunión entre o alcalde e representantes dos clubs integrados en Siareiros, unha iniciativa deportiva municipal que conta cunha achega de 70.000 euros. Abel Caballero explicou que son 12 os equipos de elite e 18 os de base que forman parte no programa.
No Auditorio Municipal do concello ás 21h en formato trío co contrabaixista Demian Cabaud e o baterista Ferenc Nemeth
xoves, 26 xuñ 2014
Na súa segunda xornada o venres 27 de xuño, Imaxina Sons programa o concerto do guitarrista Gilad Hekselman ás 21h no Auditorio Municipal do concello (Praza do Rei). Desde hai dez anos Gilad Hekselman (Israel, 1983) é un dos guitarristas destacados da escena musical neiorquina. As entradas teñen un prezo de 5 euros máis gastos de xestión en servinova e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26); a billeteira do Auditorio do concello abrirá unha hora antes da actuación.
xoves, 26 xuñ 2014
O ilustrador e deseñador gráfico Fausto Isorna, presenta por primeira vez en Vigo, unha escolma dos<br />
seus colaxes na Fundación Laxeiro do 27 de xuño ó 28 de setembro.