Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 26 xuñ 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE XUÑO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria extraordinaria e urxente do 13 de xuño e extraordinaria e urxente do 17 de xuño de 2014.

ALCALDÍA
2.- Subvención ao Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra para a realización do curso "Taller de Contratación Pública". Expte. 11203/101.

3.- Subvención a Aulas Abiertas-Comedores Escolares para axuda de gastos pola participación no festival solidario da escola de maxia "Ana Tamariz" de Madrid. Expte. 11202/101.

BENESTAR SOCIAL
4.- Proxecto de convenio coa S.C.G. Central Radio Taxi, a Plataforma pola Accesibilidade Solidaria de Vigo "PASO VIGO" e CAIXABANK S.A. para a organización e o financiamento do servizo de transporte do programa municipal "Lecer no Verán"-persoas con discapacidade- ano 2014. Expte. 87005/301.

CONTRATACIÓN
5.- Expediente de contratación do Servizo de mediación e asesoramento profesional en materia de seguros privados ao Concello de Vigo e os seus Organismos Autónomos. Expte. 4812/241.

6.- Clasificación de ofertas no contrato maior de servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola municipal de Danza. Expte. 15774/332.

7.- Devolución de garantías:
a) V. Villamor S.L. Expte. 4864/241.
b) Compaq Computer España S.L. Expte. 4853/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
8.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Comisión de Festas Nosa Señora das Neves Guía para a organización da Festa da Sardiña 2014. Expte. 5538/335.

9.- Proxecto de convenio coa Asociación Cultural Interfolc para a organización, bases de participación e convocatoria do "XX Festival Folclórico Internacional". Expte. 5544/335.
DEPORTES
10.- Proposta de autorización para a organización do XXIII Gran Premio Ciclista Teis, o vindeiro 6 de xullo de 2014. Expte. 12935/333.

EMPREGO
11.- Notificacións de cambios no convenio entre o Concello de Vigo como socio lider do Proxecto e os socios participes no Proxecto Europeo Cooperland dentro do programa "Europe for Citizens Programme", aprobado en X.Goberno o 9.05.14. Expte. 10848/77.

12.- Modificación do acordo da X.Goberno do 13.06.14 sobre contratación de persoal no Programa de Inserción Laboral "Vigo Emprega" 2014, mediante a introdución do procedemento de contratación de suplentes. Expte. 10991/77.

13.- Solicitude de subvención á Xunta de Galicia conforme á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais do 2014. Expte. 10982/77.

EDUCACIÓN
14.- Proxecto de obras de accesibilidade a colexios públicos. Proposta de aprobación. Expte. 16199/332.

INTERVENCIÓN XERAL
15.- Contratación dunha operación de préstamo, por importe de 6.800.000 euros, para o financiamento dos investimentos previsto nos orzamentos do ano 2014. Expte. 28/142.

OSPIO
16.- Proxecto para a "Renovación das redes de saneamento e abastecemento na rúa Camelias, Fase 3, entre Praza de América e Praza da Independencia". Encomenda a Aqualia. Expte. 2651/443.

17.- Proxecto de "Humanización da Praza Martínez Garrido, entre o camiño Medeiros e o camiño Sobreiro no Calvario". Proposta de aprobación. Expte. 2617/443.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
18.- Proxecto de convenio coa Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento para o desenvolvemento das actividade da entidade- ano 2014. Expte. 6576/320.

19.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención "ANHIDA" para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento para o desenvolvemento das actividades da entidade- ano 2014 (xaneiro-outubro). Expte. 6578/320.

PATRIMONIO
20.- Devolución de fianza solicitada por R. Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A. por obras no aparcadoiro público Zaragoza-Valle Inclán. Proposta desestimatoria. Expte. 19685/240.

21.- Declaración de perda da garantía definitiva constituída por Jose L. Darriba Fernández pola concesión de ocupación de dominio con instalación de quiosco en rúa Gran Vía. Expte. 19681/240.

22.- Aboamento á Comunidade de veciños da rúa Gaivota 7 das cotas por gastos de comunidade de vivenda de propiedade municipal, por importe de 648 €, período de xaneiro de 2013 a xuño de 2014. Expte. 313/242.

23.- Aboamento á Comunidade de propietarios da rúa Doctor Corbal 21-23 das cotas por gastos de comunidade e derramas de Local de propiedade municipal, por importe de745,17€, período decembro 2012 a xuño de 2014. Expte. 298/242.

SERVIZOS
24.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación de redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis. Fase 2"- Plans de Inversións de Aqualia. Expte. 2510/440.

TRANSPORTES
25.- Plan de mobilidade urbana sostible da cidade de Vigo. Expte. 350/449.

26.- Proxecto de Ordenanza municipal reguladora do Servizo de Taxi na cidade de Vigo. Expte. 361/449.

VIAS E OBRAS
27.- Dar conta da resolución de data 16.06.14 do concelleiro delegado da Área de Fomento, solicitando ampliación do prazo para remate e xustificación das obras "reforzo de firme na avda. do Tranvía PK3+140 a PK3+890".

28.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de xuño de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 26 de xuño de 2014.
O ALCALDE, O CONCELLEIRO SECRETARIO DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez D. Carlos López Font.