Escoitar

O alcalde anuncia unha rebaixa da débeda do Concello de Vigo desde o 17 a menos do 12%

O endebedamento do Concello descende do 17 ao 12% tal e como recolle un informe que se prantexará no próximo Pleno da Corporación. Así o anunciou hoxe o rexedor, durante unha rolda de prensa na que tamén resaltou que a dilixencia na xestión das contas non é óbice para desenvolver a política social "máis avanzada" de España.

xoves, 26 xuñ 2014
1403784424caballero.JPG
No próximo Pleno Municipal darase conta dun informe que reflicte que a débeda do Concello baixa desde o 17 ata o menos dun 12% unha cifra que, non so consolida Vigo como o municipio de réxime común menos endebedado, senón que o achega á situación da capital de Vizcaia, que goza de réxime foral. Tal e como explicou o rexedor, con esta tendencia, "estaremos case como Bilbao", sin que isto sexa óbice para desenvolver a política social "máis avanzada" de España, ademais de seguir coas políticas keynesianas de xeración de emprego, dixo.

O rexedor explicou que tanto o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, como o Goberno Central comparten a pretensión de municipios bien xestionados, como Vigo, de ter un tratamento diferenciado. Así o expuseron onte mércores na reunión da Comisión Nacional de Adminsitración Local, onde Caballero defendeu a situación económica de cidade como vicepresidente da FEMP xa que cumpre todos os requisitos de teito de gasto, superávit, endebedamento e periodo medio de pago.
Descargar todas as imaxes