O Concello realizará obras de accesibilidade en 21 centros públicos por valor de 300.000 euros
Durante este verán, o Concello realizará obras de accesibilidade en 21 centros públicos da cidade cun orzamento de 300.000 euros. Asi mesmo, o goberno local organiza un ano máis o Lecer no verán, un programa de respiro familar para persoas con discapacidade.
A Xunta Local de Goberno deu luz verde ao proxecto de obras de accesibilidade en 21 centros públicos da cidade. Durante dos meses e medio, realizaránse traballos nos seguintes colexios: Illas Cíes, A Doblada, Parroco don Camilo, Carrasqueira, Pardo Bazán, Otero Pedraio, Lope de Vega, Santa Tegra, Frian, Sobreira, Igrexa Valladares, García Barbón, Balaídos, Coutada, Chans, Santa Marina, Ría de Vigo, Mestres Goldar, Eduardo Pondal, Sello Sárdoma Moledo. Os traballos, segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, pasan pola demolición de escaleiras e substitución por rampas, colocación de varandas e pasamáns e novas rampas, novos aseos accesibles ou soterramento e nova canalización das cunetas. Este importe súmase ao medio millón de euros que o Concello xa a adica a realizar obras de mellora nos centros públicos durante os meses de verán.
O goberno local aprobou tamén un convenio con Central Radio Taxi, a Plataforma pola Accesibilidade de Vigo Paso a Paso e Caixabank para a organzación de Lecer no verán para persoas con discapacidade ano 2014. Trátase, dixo o alcalde, dun program de respiro familiar de carácter no permanente que se desenvolve en xullo e agosto para maiores de seis anos. Esta iniciativa, dotada con 31.000 euros, está sufragada prácticamente polo Concello e desenvólvese no Centro San Francisco e Museo Verbum. O primeiro dos centros acollerá en xullo Divírtete no verán e en agosto, o Verbum será a sede de Verán de lecer.
Humanizacións
A Xunta Local de Goberno tamén aprobou encargar o proxecto para a renovación das redes de saneamento na rúa Camelias, fase 3, desde a Praza de América á Praza Independencia. Nestes momentos, precisou o alcalde, estáse a traballar na segunda fase (tramo Ourense-Doutor Marañón), dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros e está prácticamente rematada a primeira fase (Praza Independencia á rúa Ourense), cun custo de preto dun millón. O custo da humanización da rúa desde a Praza Independencia ata a rúa Venezuela ascende a 6,4 millóns de euros.
Tamén recibiu luz verde o proxecto de humanización da Praza Martínez Garrido (entre o camiño Medeiros e o camiño Sobreiro, no Calvario). As obra teñen un importe de 290.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. Tamén se deu conta da tramitación do expediente de renovación das redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis, fase 2, con obras na Travesía de Vigo, entre o 112 e o 120 e un prazo de execución dun mes.