AXUDAS EXTRAORDINARIAS A FAMILIAS<br />
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do día 30 de maio de 2014, aprobou as bases e a convocatoria do «Programa Municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014»
De acordo co disposto na Base décima do Programa, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de axudas a través do Rexistro xeral municipal (Praza do Rei, 1), en horario de 09:00h a 13:30h, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos no Art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do Procedemento administrativo común. O prazo de presentación das solicitudes será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES, contado desde o día seguinte ó da publicación das Bases e convocatoria no BOP de Pontevedra. Polo tanto o prazo de presentación de solicitudes remata o dia 14 de xullo ás 13:30 horas.
Para informar e axudar na presentación de solicitudes haberá unha oficina a disposición dos usuarios na Lonxa do Concello aberta de 9 a 13:30 e de 16:30 a 18:00 horas, de luns a venres.
As bases e os impresos para participar na convocatoria están na páxina www.vigo.org, e no BOP nº 114.