Escoitar

O Pleno require a Fomento un plan de acción contra o ruído na VG-20 en Navia e Valadares

A moción -presentada polo grupo socialista na sesión plenaria este luns e aprobada co apoio de todos os partidos- insta ao Ministerio a realizar un estudo, deseñar un plan de acción e acometer as medidas concretas "para reducir os niveis de exposición da poboación de Vigo ao ruído ocasionado polo segundo cinto, especialmente nas zonas de Navia e Valadares"

luns, 30 xuñ 2014
O Concello de Vigo ten recibido diversas queixas e suxestións con respecto ao ruído dun vial -de titularidade estatal- de alta intensidade de tráfico, o que fai necesario que o Ministerio actúe con medidas que poderían consistir no cambio do pavimento por un absolervente do ruído, a reducción da velocidade, pantallas acústicas ou verdes, según se propón no texto aprobado.

Taxi
Outra moción validada no Pleno vigués foi presentada polo grupo do Partido Popular instando ao goberno local a realizar reunións de seguemento cos técnicos municipais para implantar medidas de estruturación, apoio e promoción do taxi, de acordo co sector. A presentación desta moción coincide co proxecto de nova ordenanza reguladora do servizo, pactada co sector e aprobada inicialmente polo goberno de Vigo o pasado venres, a falta de ratificación plenaria.