mércores, 2 xul 2014
O alcalde rubricou o acordo polo que o goberno de Vigo achega 606.000 euros á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos para a realización de actividades extraescolares e a xestión das achegas de comedor. O Concello adica máis 2 millóns de euros para conceder 5.000 bolsas.
mércores, 2 xul 2014
O alcalde de Vigo cifrou hoxe en 8 millóns de euros as achegas municipais para os distintos programas sociais impulsados desde o Concello. Ante os medios de comunicación, Caballero explicou que, só nesta semana, se entregaron axudas a 42 familias para alimentos, carencia enerxética e aluguer. As 33 tarxetas da dignidade distribuidas supuxeron un importe de preto de 13.000 euros.
mércores, 2 xul 2014
O alcalde informou este mércores da aprobación do texto do convenio entre o Concello e o Consorcio para ubicar servizos da Zona Franca en Vigo. A entidade estatal comprará o edificio municipal de Areal para situar o Centro de Evolución Gastronómica de Galicia e habilitará un espazo de coworking e un viveiro de empresas no Auditorio Mar de Vigo -cofinanciado co goberno local e a Cámara de Comercio-. O acordo tamén senta as bases para o desenvolvemento da ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares.
mércores, 2 xul 2014
O alcalde mantivo unha reunión co presidente da entidade, Gustavo Falque, de cara a analizar o programa deportivo futuro do Coruxo. O Concello colabora de forma "moi importante" co club, que agora ten "maior carencia e maior necesidade", polo que o Concello estudará "como lle facemos fronte", explicou.
A praza da Constitución acolle a partir das 23h o concerto do grupo galego con Iria Peña, Alberto Cereijo, DJ Mil e Suelen Estar Quartet
mércores, 2 xul 2014
Comezan os concertos de Imaxina Sons na Praza da Constitución o xoves 3 de xullo e arrancan co proxecto especial do grupo Sumrrá para a décima edición do festival. Subirán ao escenario ás 23h con convidados: a cantora Iria Peña, o guitarrista de Os Suaves Alberto Cereijo, DJ Mil e o cuarteto de corda vigués Suelen Estar Quartet. Antes, ás 21h, o contrabaixista portugués Hugo Carvalhais actúa no Auditorio Municipal do concello (praza do Rei).