martes, 15 xul 2014
Abel caballero avanza que Vigo é o único concello que conta cun programa destas características -dotado con 2 millóns de euros- que nace para axudar as familias cos gastos de aloxamento, subministros e alimentación. O rexedor informou ademáis que as solicitudes están por riba das previsións iniciais.
martes, 15 xul 2014
Abel Caballero asegurou esta mañá que o vigués José Pérez Rial e as entidades "A Las 5, Vida Digna, Banco de Alimentos, Comedor de la Esperanza, Afán e Hermanos Misioneros" serán este ano os pregoeiros do Día de Galicia, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de xullo no Pazo de Castrelos.
martes, 15 xul 2014
O rexedor recoñeceu o traballo do policía de Costa e Praia, Braulio Gutiérrez, así coma o servizo municipal de socorrismo polas súas intervencións durante esta fin de semana, determinantes para salvar a vida de dúas persoas en parada cardiorrespiratoria. Un dos doentes permanece en estado grave.
martes, 15 xul 2014
Abel Caballero reuniuse na tarde de onte con representantes da Confraría do Cristo da Victoria para preparar a procesión na que miles de vigueses sairán á rúa. A cita, prevista para o vindeiro domingo 3 de agosto, contará coa "cooperación, coma sempre" do Concello de Vigo, segundo explicou o rexedor.