Escoitar

O Concello instala un monolito en recoñecemento ás mulleres traballadoras de Vigo

O monumento descuberto esta mañá polo alcalde, Abel Caballero, pretende ser o punto final do I Roteiro en feminino Sons de mulleres posto en marcha hai dous anos para poñer en valor o papel da muller na historia da cidade

martes, 15 xul 2014
1405437124ROTEIRO.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e representantes do Consello Municipal da Muller descubriron esta mañá un monolito diante da Estación Marítima de Vigo en recoñecemento as mulleres traballadoras da cidade. Segundo explicou o alcalde trátase "dun recordo ao papel das mulleres na historia da cidade" e pretende ser un recoñecemento as que, tal e como salientou Caballero, foron "as grandes esquecidas da nosa historia"

O monolito "Estación Marítima: A Emigración" é o punto final dun roteiro que percorre diferentes lugares e rúas da cidade para facer visible ás mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia da cidade.

O roteiro, unha iniciativa do Consello Municipal da Muller, ao que o rexedor municipal felicitou polo seu traballo, esta sinalizado a través de dous monolitos e trece placas emprazadas en distintos puntos da cidade, fundamentalmente no casco histórico e nos que dun xeito ou doutro as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.

Os puntos son a Praza 8 de marzo (Camelias 89-91); a Casa das Mulleres (Romil, 20); Lavadoiro A Barroca (Poboadores); Berbés (Praza Ribeira do Berbés); Imprenta Juan Compañel: Rosalía de Castro (Real, 12); Estación Marítima: A Emigración; Ostreiras (Rúa Pescadería); Cesteiras (Rúa das Cesteiras); Mercado (Praza da Constitución); Centro de Documentación e Recursos Feministas. Biblioteca Central (Joaquín Yáñez 6); Olimpia Valencia López (Príncipe, 11); Rosario Hernández: A Calesa (Príncipe, 44); Urania Mella. Marco; Espazo contra a violencia de xénero (Ronda de Don Bosco); Pedagogas e educadoras (Rúa Concepción Arenal 6)

Descargar todas as imaxes