Escoitar

Abel Caballero presenta a primeira edición do OFF MARISQUIÑO que acollerá o auditorio Mar de Vigo

O Concello de Vigo e os organizadores de O MARISQUIÑO teñen programado unha ampla axenda cultural que se desenvolverá paralelamente á celebración do evento de cultura urbana máis importante de España. O rexedor destacou que nos días 8, 9 e 10 de agosto a cidade volverá a ser un referente europeo neste ámbito.

xoves, 17 xul 2014
1405527024P7171807a.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodriguez, e polo xerente de O Marisquiño, Carlos Domínguez, presentaron onte mércores a programación cultural que se desenvolverá de forma paralela a celebración do festival de deporte e cultura urbana os próximos 8, 9 e 10 de Agosto.

Durante a presentación desta nova iniciativa o rexedor municipal subliñou que O Marisquiño xa e un movemento cultural, "unha cultura que emerxe e rompe os canons tradicionais". "É unha actividade deportiva de vangarda de enorme capacidade e atracción", indicou Caballero, quen avanzou tamén que nela "os xovenes manifestan unha forma diferente de facer deporte e de entender a cultura".

O Concello de Vigo é o principal patrocinador institucional dun evento que o ano pasado tivo unha afluencia masiva de espectadores, próxima aos 90.000, sendo o único festival destas características totalmente gratuíto.

Pola súa banda o xerente do evento, Carlos Domínguez, avanzou a programación que arrancará o xoves 7 de agosto con GALIS 115 e o grupo GROTESQUE. Para o venres 8 está prevista a actuación de FUCK AND DESTROY, ademáis de contar con mellores artistas nacionais nos premios VMA de música electrónica no 2012, THE WARRIORS. Este mesmo día pechará o cartel ALIZZ, músico de Barcelona que ven de rematar a súa xira por Estados Unidos con gran éxito.

Xa o sábado 9 de agosto abrirán a xornada NASTY BASS, nun día no que o Auditorio contará coa presencia de NASTY MONDAYS, referente socio-cultural no panorama nacional. Para rematar o domingo 10 de agosto estará no recinto cultural o dj galego VENDETTA, Dj Nano e LES CASTIZOS.
Descargar todas as imaxes