Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 xul 2014

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE XULLO DE 2014.

BENESTAR SOCIAL
1.- Interposición recurso contencioso-administrativo contra resolución da Xunta de Galicia de data 09/06/14, pola que se concedeu autorización para o albergue CIIES do Concello. Expte. 90209/301.

CONTRATACIÓN
2.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de xestión da Escola Municipal de Música. Expte. 15773/332.

3.- Contratación dos servizos de xestión da Escola Municipal de Música. Expte. 15772/332.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
4.- Bases de selección de persoal para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, ano 2014. Expte. 11006/77.

EDUCACIÓN
5.- Aprobación listas definitivas do programa de Inmersión Lingüística "Vigo en Inglés 2014". Expte. 16041/332

ELECTROMECÁNICOS
6.- Proposta de aprobación de melloras con ocasión da prórroga do contrato de xestión do servizo de mantemento e conservación das instalacións de alumeado público do concello. Expte. 15324/444.

MEDIO AMBIENTE
7.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo servizo entre os meses de abril a xuño. Expte. 10390/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
8.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo servizo durante os meses de abril, maio e xuño. Expte. 1834/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación colectivo veciñal Curva de San Gregorio" para a realización de actividades, ano 2014. Expte. 6589/320.

10.- Proxecto de convenio coa AVCD "Monte da Mina" para a xestión do viveiro de asociacións nas súas instalacións. Expte. 6580/320.

11.- Proxecto de convenio coa Fundación Igualarte para o fomento de actividades. Expte. 6581/320

RECURSOS HUMANOS
12.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun operario-peón por un período máximo de seis meses. Expte. 25127/220.

13.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios, Gran Gala día Policía Local. Expte. 25356/220.

14.- Execución títulos xudiciais 171/2014, do Xulgado do Social nº 1 de Vigo, nos autos 578/2011, en materia de cantidades seguido a instancia de Dª Vanesa Vila Pereira. Expte. 25444/220.

15.- Dar conta de resolucións do concelleiro-delegado de Xestión Municipal.

a) -Autorización de gratificación por exceso de xornada Parque Móbil-3º Trimestre 2014. Expte. 25397/220.

b) -Autorización de gratificación por exceso xornada Taller Vías e Obras (xullo-agosto-setembro 2014). Expte. 25366/220.

c) -Autorización de gratificación por exceso xornada OSPIO (xullo-agosto-setembro 2014). Expte. 25373/220.

d) -Autorización de gratificación por exceso xornada servizo limpeza-oficiais conduteres (xullo-agosto-setembro 2014). Expte. 25368/220.

e) -Autorización de gratificación por exceso xornada servizo Limpeza (xullo-agosto-setembro 2014) Expte. 25369/220.

SEGURIDADE E MOBILIDADE
16.- Devolucións de fianzas.
a) Asociación cultural San Salvador de Teis. Expte. 89263/210.
b) Comidiseño, S.L. Expte. 89234/210
c) UVE, S.L. Expte. 89493/210
d) Codafi, S.L.
e) Construcciones Balboa y Buceta, S.L. Expte. 89653/210
f) Anca, S.L. Expte. 89716/210
g) Impermeba, S.L. Expte. 89773/210
h) Marodri, S.L. Expte. 89792/210
i) Monteromán, S.L. Expte. 89793/210

SERVIZOS
17.- Solicitude de autorización para a redacción do Proxecto Modificado Nº 1 de "Melloras de infraestruturas nas parroquias do Concello de Vigo (Lote 1, Lote 2 e Lote 3). Expte. 2500/440.

18.- Dar conta da tramitación do Proxecto de renovación de redes de abastecemento e saneamento no contorno de Churruca. Expte. 2523/440.

19.- Dar conta do proxecto de renovación das redes de saneamento e abastecemento na Ronda de D. Bosco, entre rúas E. Iglesias e V. Moreno. Expte. 2546/443.

TRANSPORTES
20.- Solicitude de autorización para cambio de titularidade de concesión administrativa a favor de Estacionamientos Praza do Rei, S.L. Expte. 379/449.

TURISMO
21.- Aprobación solicitude de transferencia nominativa: Fundación Vigo Convention Bureau. Expte. 5200/104


22.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día dezaoito de xullo de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.

Vigo, 16 de xullo de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.