Escoitar

Caballero salienta a "deportividade e competitividade" do Rápido de Bouzas no seu centenario

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na presentación do Trofeo Zona Franca que enfrontará ao Real Club Celta e o Rápido de Bouzas, dentro dos actos programados para conmemorar o centenario do club aurinegro. O encontro xogarase o martes, 29 de xullo, no municipal de Barreiro.

martes, 22 xul 2014
1406030266bouzas.JPG
O partido será o primeiro que dispute en Vigo o novo Celta de Berrizo, un encontro que o Rápido afrontará despois de enfrontarse este sábado o Trofeo Xunta de Galicia contra o Clube Deportivo Lugo, tamén no marco da celebración dos 100 anos da entidade boucense.

Ante diversas autoridades, Caballero subliñou os cen anos de historia do Rápido, a súa "deportividade e competitividade", e a "paixón" que esperta o fútbol. O alcalde expresou que "enorgullece" que ambos equipos, tanto o Rápido como o Celta, compitan en campos cedidos polo Concello e eloxiou o deporte de base, "se cabe máis importante que o propio primeiro equipo".
Descargar todas as imaxes