xoves, 24 xullo 2014

Caballero subliña o "éxito" dos campamentos municipais de verán, con 20.000 prazas ofertadas

xoves, 24 xul 2014

O alcalde visitou este xoves o campamento urbano "Verán no Castro" e salientou a conciliación da vida familiar e laboral que fai posible, ao incluir un servizo de aula matinal e de comedor. Os 30 nenos participantes realizan actividades deportivas, creativas e de expresión baixo a supervisión de cinco profesionais. Esta proposta forma parte das 20.000 prazas que oferta o Concello este verán.

A Festa da Cultura enche a Porta do Sol de teatro, baile e música para todos os públicos

xoves, 24 xul 2014

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron a programación da Festa da Cultura que se celebrará os días 24,25 e 26 na Porta do Sol a na rúa do Píncipe. Os obradoiros para nenos súmanse ás máis de 25 actuacións de baile e música previstas, co colofón dos concertos de grupos nacionais e internacionais

O Maratón Fotográfico chega a súa XIX edición

xoves, 24 xul 2014

A Agrupación Fotográfica Galega organiza, un ano máis, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo en Festas, a XIX edición do Maratón Fotográfico. A cita terá lugar o día 2 de agosto ás 21.00 horas cunha duración de 24 horas. Os participantes deberán aboar 10 euros en concepto de inscripción.