A Festa da Cultura enche a Porta do Sol de teatro, baile e música para todos os públicos
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron este mércores a terceira edición desta cita. Os obradoiros para nenos súmanse ás máis de 25 actuacións de baile e música previstas, co colofón dos concertos de grupos nacionais e internacionais os días 24, 25 e 26 de xullo.
Rodríguez subliñou a "importancia singular" da terceira edición da Festa da Cultura, "enraizada nas festas de Vigo" e con actividades no entorno da Porta do Sol como pasarrúas, obradoiros e concertos. Trátase dun evento que "sintetiza a cultura no sentido máis amplo e transversal da palabra", expuxo.
Giráldez detallou a programación agradecendo antes ao Concello que sexa a "única administración" que colabora na festa, financiándoa "ao 100%". Salientou o presidente da entidade que a Porta do Sol acollerá durante tres días máis de 25 actuacións de asociacións culturais, teatro, grupos de baile galego, bandas de música, bandas de gaitas e charangas, ademais dunha feira de artesanía, unha mostra que explica o traballo realizado polos centros culturais nas parroquias ao longo do ano, animación de desfiles pola rúa do Príncipe e un espazo para cativos que ofrece obradoiros de maquillaxe e globoflexia, entre outros.
Como prato forte desta terceira edición da Festa da Cultura, a organización destacou os concertos que terán lugar na Porta do Sol, a partires das 22 horas. Este xoves tocarán Viendren, Cuarteto Caramuxo e Crema de Gaita; o venres será o turno de Filobia, Paracetamol e Fanfarria Takikardia; e o sábado subirán ao escenario a Banda de Gaitas Xarabal, Seisun, Peregrino Gris e Anxo Lorenzo.