Escoitar

O goberno local contrata a reforma dos campos de Travesas e Samil e a construción dun novo na ETEA

O rexedor informou este martes da aprobación dos expedientes de contratación de obras de mellora nos campos de fútbol das Travesas e de Samil, ademais dos da construción dun máis nas instalacións da antiga ETEA, en Teis. Caballero anunciou tamén o arranxo dos vestiarios do campo da Guía. O investimento municipal nestas catro accións en materia deportiva de base ascende a case un millón de euros.

mércores, 23 xul 2014
O goberno local ven de aprobar os expedentes de contratación das obras de reposición e mellora dos terreos de xogo de herba artificial e os sistemas de rego dos campos de fútbol das Travesas -185.000 euros- e de Samil-235.000 euros-, xunto á construcción dun novo campo nas antigas instalacións militares da ETEA, no barrio de Teis, cun importe de 437.000 euros.

Así o indicou hoxe mércores Abel Caballero ante os medios, quen asegurou que o seu goberno executará tamén o arranxo dos vestiarios do campo de fútbol da Guía, con 45.000 euros de orzamento. Nestas catro actuacións en materia deportiva, o Concello de Vigo investirá 900.000 euros "no deporte de base", en verbas do rexedor.