venres, 1 agosto 2014

O goberno local rebaixou a presión fiscal nun 1,8% desde xaneiro de 2013

A Xunta de Goberno Local deu luz verde a unha rebaixa fiscal dun 1,4% no IBI, Vehículos e Lixo, unha baixada que á que hai que sumar a conxelación real de todas as taxas e prezos públicos, ademais de elevar nun 2,8 os mínimos exentos. Ista diminución progresiva da presión fiscal na cidade supón que desde xaneiro de 2013, a carga fiscal baixará no 2015 en Vigo un 1,8%, tendo en conta que o IPC foi do 0,4%.

Vigo acollerá en outubro un congreso nacional sobre patoloxía mamaria

venres, 1 ago 2014

O Concello cooperará co 33 Congreso da Sociedade Española de Senoloxía e Paloloxía Mamaria que se celebrará na nosa cidade no mes de outubro. Así llo trasmitiu hoxe o rexedor aos organizadores deste congreso, que contará cunha parte científica, outra de práctica médica e de efermería e, por último, unha social.

"Cativo-Musicais" en Castrelos

venres, 1 ago 2014

O auditorio de Castrelos é o escenario principal da programación das festas de verán para o público infantil coas actividades de "CATIVO-MUSICAIS". O venres espectáculo de Lydia Botana ás 19:00 horas e o sábado Los Lunnis ás 20.00 horas.<br />

A saída terá lugar na Praza do Pobo Galego o sábado 2 de agosto ás 21.00 horas

O Maratón Fotográfico chega a súa XIX edición

venres, 1 ago 2014

A Agrupación Fotográfica Galega organiza, un ano máis, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo en Festas, a XIX edición do Maratón Fotográfico. A cita terá lugar o día 2 de agosto ás 21.00 horas cunha duración de 24 horas. Os participantes deberán aboar 10 euros en concepto de inscripción.

Festa da sardiña

venres, 1 ago 2014

A carballeira de A Guía acolle o sádo día 2 de agosto, a partir das 10 horas , a Festa da Sardiña … festa de exaltación de produtos típicos da gastronomía local.