O alcalde eloxia a "recuperación" da historia de Vigo coa inauguración do baluarte da muralla do Castro
Caballero presidiu o acto de inauguración do baluarte da muralla do Castro, hoxe recuperado e visible tras derrubar o Concello o antigo restaurante que o ocultaba e revalorizar o entorno. O rexedor salientou os "pasos que va dando Vigo na recuperación da súa historia", como na parte alta do Casco Vello vigués.
O alcalde apuntou a "importancia" da recuperación dun baluarte do século XVII, "a recuperación dos símbolos da cidade", as murallas e o seu entorno, explicou Caballero, que xa está acondicionado. "Neste momento temos recuperado toda a parte do Castro", os tres escalóns do baluarte".
Caballero subliñou o traballo feito na parte alta do Casco Vello, "magníficamente recuperada", os trámites en marcha para rehabilitar a Panificadora e a vila de Bouzas: "temos ben enfocada a recuperación de todo o corazón histórico da cidade de Vigo".
As obras de demolición do restaurante O Castillo supuxeron a eliminación do que no PXOM chamouse como "pastiche" do local, e que ocultaba unha parte da fortificación. O derrubo permitiu recuperar e por en valor a muralla e a fortaleza do Castro, posibilitando a visión do baluarte da muralla que atopábase cegado.
Trátase dunha actuación de recuperación do patrimonio histórico nun Ben de Interese Cultural da cidade, a fortaleza do Castro, que, xunto á de San Sebastián e a muralla, foron construídas a mediados do século XVII no monte do Castro, onde tempo atrás se ubicaba un antigo castro.
Descargar todas as imaxes