O goberno de Vigo ultima o inicio dos traballos de humanización do entorno de Churruca e Don Bosco
Caballero deu conta este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dos últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de reforma no entorno de Churruca e Don Bosco, por importe superior ao millón de euros. O alcalde salientou as decenas de postos de traballo xerados nestas dúas actuacións.
O goberno de Vigo ven de aprobar os plans de seguridade e saúde, xestión de residuos e nomeamento das direccións facultativas das humanizacións do entorno de Churruca e da rúa Don Bosco, cun investimento total que supera o millón de euros.
O Concello acometerá as reformas das rúas Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e o Calexón Rogelio Abalde, todas no entorno de Churruca, cun prazo de execución de 6 meses, orzamento de 528.000 euros e a renovación das canalizacións de servizos soterrados e a transformación habitual en superficie, con beirarrúas de granito e iluminación eficiente.
Os mesmos trámites foron aprobados para a renovación do treito entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno da rúa Don Bosco, cun importe superior aos 530.000 euros, 5 meses de prazo de execución, novas redes de servizos de abastecemento e saneamento, mellora de xardinería e mobiliario.
Abel Caballero informou ademais da aprobación definitiva das obras de asfaltado de case un quilómetro na Avenida do Tranvía, por 80.000 euros, e a tramitación administrativa previa á humanización da Travesía de Vigo, un pequeno treito entre os números 112 e 120, cun importe próximo aos 80.000 euros.