O Auditorio Mar de Vigo disporá dunha sala de estudo de 200 m2 a partir de 2015
O alcalde de Vigo anunciou hoxe que a partir de 2015 o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2. Así llo transmitiu esta mañá aos representantes de alunmnos da Universidade que durante un encontro lle solicitaron máis espazos de lectura na cidade.
O rexedor comprometeuse hoxe con representantes de estudantes universitarios a solicitar á Xunta de Galicia que a Biblioteca Central da cidade abra ininterrumpidamente ata a 01,00 ou 02,00 da madrugada nos meses de maio, xuño, novembro e decembro. "Espero que comparta con nós a preocupación de dotar de lugares de estudo aos universitarios" , dixo, ao tempo que anunciou que o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2 a partir do ano que vén, nun recinto cultural no que tamén se impartirán os 5 grados da UNED, lembrou.
Por outra banda, o goberno local buscará novas fórmulas que permitan que a Biblioteca Neira Vilas amplíe en datas puntas (maio, xuño, novembro e decembro) os seus puntos de estudo, ademais de falar coas asociacións de veciños con locais cedidos polo Concello para que ofrezan espazos para os estudantes. Con este obxectivo, o Concello cooperaría cos colectivos veciñais a través de convenios específicos para favorecer esta iniciativa.
Descargar todas as imaxes