Escoitar

Chano explicou a Caballero que inicia no Europeo de Eindhoven o camiño para os Xogos de Río 2016 e o Concello estudará o patrocinio do nadador

Abel Caballero, alcalde de Vigo, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe no seu despacho da Alcaldía a Sebastián "Chano" Rodríguez, que este venres viaxa a Eindhoven para disputar o Campionato de Europa de natación adaptada no Estadio Acuático Pieter van dean Hoogenband.

mércores, 30 xul 2014
1406737249chano.JPG
"Chano", do CN Galaico, é o único representante da comunidade autónoma nunha lista de catorce deportistas (nove homes e cinco mulleres) anunciada polo seleccionador nacional, Laureano Gil. O nadador vigués, que se reuniu co xefe do goberno municipal por espazo de vinte minutos, recibiu os ánimos do rexidor, que espera "os mellores resultados" do nadador, especialmente na proba de 50 metros libres, a que sempre adica o nadador paralímpico á cidade onde vive.

Chano non ten agora "sponsor" privado e o primeiro edil anunciou que "din instrucións ao concelleiro para que estude o patrocinio de Chano por parte do Concello de Vigo. Non ten ningún patrocinador. A Xunta mira para un lado, a Diputación para o outro, pero ninguén mira para este deportista tan importante que temos na cidade e que é unha mostra da superación".

Chano explicou ao alcalde e ao edil que este é o primeiro paso serio para acudir aos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, en 2016. Tras Eindhoven 2014 tocará Glasgow 2015 (Campionatos do Mundo), onde se xoga a beca paralímpica e onde rematan todas as "probas" pensando xa nos Xogos.

Este ano, por necesidades federativas, no Europeo nadará oito probas, ao incluírse as de relevos mixtos por vez primeira (tamén entran no programa paralímpico de Río 2016), o que supón un esforzo "extraordinario" para o deportista, que ademais quere o ouro nos 50 metros libres, a proba que adica a Vigo "e esta será o derradeiro día, polo que non sé como chegarei a ela, xa que antes teño moitas semifinais e finais", dixo.

No último Europeo, en Berlín 2011, Chano colgouse catro medallas, todas de ouro (50 metros libres, 4x50 estilos, 100 metros libres e 200 metros libres), aínda que advirte da peligrosidade do nadador ucraíno, Dmytro Kryzhanovskyy (40 anos), "e dos mozos que veñan, porque fai un ano que non nos vemos e nunca se sabe o seu progresión".

Caballero espera que Chano (Cádiz, 1957) siga sumando medallas."Confiamos que volte cos mesmos éxitos deportivos que tivo ata agora".
Descargar todas as imaxes