O Concello actualiza a regulación do taxi para garantir o emprego e mellorar o servizo
O goberno local levou este martes ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora do servizo do taxi, validada cos votos socialistas e nacionalistas e a abstención do PP. O novo texto actualiza o do ano 1994 coa vocación de garantir o emprego de calidade, mellorar o servizo o modernizar o sector.
O concelleiro de Fomento, David Regades, defendeu a renovación dunha ordenanza que databa de 1994 cos obxectivos de garantir o emprego de calidade -tanto para os autónomos como para os asalariados-, mellorar o servizo e modernizar o sector.
Explicou o edil que a normativa esixe agora o empadroamento en Vigo dos que opten ás licenzas, que so poderán recibir unha por persoa, pese a que a regulación autonómica fixa un máximo de tres. O Concello permitirá o uso de taxi por dous condutores: a persoa con licenza e outro asalariado, e a transmisión das licenzas requerirá dun informe favorable do Concello.
Regades subliñou ademais que, de cara á modernización da flota, os vehículos terán que ter como máximo dous anos de antigüidade ou 20.000 quilómetros, se permitirá instalar elementos de seguridade como cámaras ou mamparas e se amplía o número de pasaxeiros autorizados para vehículos con ata sete prazas.