martes, 29 xul 2014
Unha moción presentada polo grupo socialista na sesión plenaria deste martes -respaldada por unanimidade- esixe do goberno autonómico que Vigo sexa a sede a todos os efectos da nova Fundación Obra Social de Galicia e que nos seus estatutos quede blindada a permanencia na cidade da colección artística procedente da antiga Caixanova.
martes, 29 xul 2014
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao solicitar á Deputación de Pontevedra e á Zona Franca que contribúan económicamente ás obras necesarias no Estadio Municipal de Balaídos. Unha moción do PP, apoiada polo resto dos partidos, insta a técnicos municipais a redactar un informe que avalíe os custos da totalidade de actuación precisa.
martes, 29 xul 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Economía e Facenda, Carmela Silva, deu conta este martes do estado de execución dos gastos e ingresos do orzamento municipal de 2014, correspondente ao segundo trimestre. Silva explicou que o nivel de execución está a ser "extraordinario", cunha previsión de gasto do 98% do orzamentado a finais de ano.
martes, 29 xul 2014
O goberno local levou este martes ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora do servizo do taxi, validada cos votos socialistas e nacionalistas e a abstención do PP. O novo texto actualiza o do ano 1994 coa vocación de garantir o emprego de calidade, mellorar o servizo o modernizar o sector.
martes, 29 xul 2014
Na sesión plenaria deste martes, o alcalde de vigo deu lectura a un texto previamente consensuado polos grupos políticos en defensa do Pobo Palestino. Este acordo será trasladado ao presidente da Xunta e ao presidente do Goberno para que actúen en consecuencia.
martes, 29 xul 2014
Malú, a popular "coach" de "La Voz" e "La Voz Kids" e a indiscutíbel voz do pop español actúa en Vigo o martes 29 de xullo,ás 22:30 horas, en Castrelos presentando a súa xira "Sí" cunha espectacular montaxe visual. A popular cantante presenta o seu novo traballo ademais de facer un repaso polos éxitos cos que leva triunfando desde que comezou a súa carreira, con tan só 15 anos.
martes, 29 xul 2014
Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:<br />
AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).<br />