O goberno local prevé ter executado o 98% do orzamento de gastos a finais de ano
A tenente de alcalde e concelleira de Economía e Facenda, Carmela Silva, deu conta este martes do estado de execución dos gastos e ingresos do orzamento municipal de 2014, correspondente ao segundo trimestre. Silva explicou que o nivel de execución está a ser "extraordinario", cunha previsión de gasto do 98% do orzamentado a finais de ano.
A tenente de alcalde asegurou que os niveis de ingresos tamén cumprirán a finais de 2014 coas previsións incluidas nas contas municipais para este ano e recalcou que executar os gastos significa poder levar adiante os investimentos públicos e a creación de emprego, poder conceder axudas de vivenda, enerxía e alimentos a quen o precisa ou pagar as bolsas de comedor escolar, entre outras.
No tocante aos grupos da oposición, os nacionalistas denunciaron que a execución se está a corresponder ás prioridades do goberno local pero non ás da cidade, mentres que o PP asegurou que o nivel de execución do gasto é inferior ao do pasado ano, situándose no 34% do total. Silva respondeu que os niveis de execución dun orzamento sempre son menores no primeiro semestre e recordou que están todos os proxectos en marcha.