Caballero salientou o éxito de público na primeira xornada en Castrelos de "Cativo-Musicais"
A proposta municipal para o público familiar congregou onte mércores, na súa primeira xornada, a máis de 2.000 persoas no espectáculo Dubbi Kids, unha cifra récord para este tipo de oferta ao aire libre. Con "Cativo-Musicais", o Concello recupera o auditorio de Castrelos como lugar de referencia para o público familiar, tras décadas sen esta programación.
Este xoves prosegue o ciclo con Zascanduri, ás 20 horas; mañá venres será o turno de Lydia Botana, ás 19 horas; e o sábado chegan a Castrelos os Lunnis, que celebran o seu décimo aniversario. Caballero invitou á cidadanía, nenos e maiores, a asistir e participar nas distintas citas de "Cativo-Musicais".
Caballero subliñou asemade a boa acollida do programa Cancións dos nosos Barrios, en San Roque, "un éxito espectacular" que aglutina a miles de persoas cada xornada. Recordou o rexedor o "gran concerto" de Malú en Castrelos, con preto de 30.000 persoas.
Programa "Cativo-Musicais"
O auditorio de Castrelos é o escenario principal da programación das festas de verán para o público infantil coas actividades de "CATIVO-MUSICAIS".
- Xoves, 31 de xullo (20:00 h): ZASCANDURI "Venimos de Dancilandia". Un bosque máxico no que a música e o baile son os protagonistas e onde se ensinará a importancia de coidar a naturaza a través do baile e da música. DURACIÓN: 80 minutos.
- Vernes, 1 de agosto (19:00 h): LYDIA BOTANA "De aquí para alá".
Unha viaxe arredor do mundo aprendendo, escoitando, e cantando as músicas de cada lugar.DURACIÓN: 60 minutos.
- Sábado, 2 de agosto (20:00 h): LOS LUNNIS "Celebrando 10 años de Lunnis".
Lucho, Lupita, Lulila e Lublú preparan unha gran festa con Juan D e Beatriz. DURACIÓN: 90 minutos.
Descargar todas as imaxes