O goberno local rebaixou a presión fiscal nun 1,8% desde xaneiro de 2013
A Xunta de Goberno Local deu luz verde a unha rebaixa fiscal dun 1,4% no IBI, Vehículos e Lixo, unha baixada que á que hai que sumar a conxelación real de todas as taxas e prezos públicos, ademais de elevar nun 2,8 os mínimos exentos. Ista diminución progresiva da presión fiscal na cidade supón que desde xaneiro de 2013, a carga fiscal baixará no 2015 en Vigo un 1,8%, tendo en conta que o IPC foi do 0,4%.
Os vigueses pagarán en 2015 un 1,4% menos polos recibos de IBI, vehículos, e lixo, e conxelaránse todas as taxas e prezos públicos: auga, cemiterios, expedición de documentos, laboratorio, desifección, escolas infantís, axuda no fogar, ensinanzas especiais, IMD, Zoo, licenza de obras, ocupación de vía pública, IAE, imposto de plusvalía e imposto de construccións. En verbas do rexedor, "trátase da reducción máis importante de impostos que se fixo nunca na historia da cidade", xa que engadiu, tamén se elevan nun 2,8 os mínimos exentos en recollida de lixo de vivenda, expedición de documentos, laboratorio, desifección, escolas infantís, ensinanzas especiais, Zoo e IMD. Esta modificación permite presumir aumentarán na mesma porcentaxe o número de familias beneficiadas.
Respecto do IBI, ademais de elevar o mínimo exento nun 2,8% para acoller a máis familias numerosas á bonificación do 90%, por primeira vez establecemos unha bonificación do 50% para familias numerosas que, exedendo o mínimo anterior, non superen os 7.868 euros. Tamén se manté o fraccionamento do IBI, coa rebaixa do 3% si se fai en dous prazos (maio e novembro).
Estes datos avalan a Vigo como a cidade na que se paga menos impostos per cápita, aseverou o rexedor en rolda de prensa. Desde xaneiro de 2013 a xaneiro de 2015, a reducción de fiscalidade en termos reais é dun 1,8%, con maiores baixadas no IBI, vehículos e lixo.
O rexedor avanzóu que tamén introducimos o chamado Conta fácil dez, é dicir, o pago de lixo, vehículos, IBI e IAE en dez mensualidades sen necesidade de presentar avais nin intereses de demora.
O alcalde lembrou que desde 2008 a 2014, ampliáronse as exencións e bonificacións en todas as taxas e impostos. O 22% dos usuarios do servizo de axuda no fogar non paga nada (700 persoas), e o 78% restante, o 15%, o que supón unha subvención superior aos 3 millóns de euros. Respecto das escolas infantís, o 45% está exento de pago, o que implica unha achega de 1,4 millóns das arcas municipais. En Vigozoo subvenciónanse o 16% das entradas, en terrazas, máis de 1.000 locais non pagan por ocupación de vía pública; os exentos na taxa de basura subiu de 2.071 en 2008 a 3.110 en 2014. Os impostos de vehículos psaron de contar con 4.133 persoas exentas de pago a ser 17.227 de exentos e bonificadoso que supón unha subvención de 1,8 millones.
Por outra banda, no Concello tamén se prestan servizos á hora de facilitar documentación o que tamén é un aforro de tempo e custo para o usuario.
Descargar todas as imaxes