Antonio Romero encargado da lectura do pregón do Cristo da Victoria
O domingo 3 de agosto terá lugar a saída en procesión do Cristo da Victoria; previamente o sábado o ex xuiz decano de Vigo, Antonio Romero Lorenzo, será o encargado da lectura do pregón ás 13.00 horas nun acto que terá lugar no Pazo Museo Quiñones de León.

O domingo, 3 de agosto, terá lugar unha das grandes citas para a cidade viguesa, a procesión do Cristo da Victoria que sairá ás 19.30 horas, acompañada dunha marea de fieis procedentes de distintos puntos de Vigo.
O percorrido da procesión será o mesmo co ano pasado, con saída na Concatedral de Santa María, continuando pola rúa Real, o Berbés, San Francisco, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Praza da Constitución e Triunfo.
O Cristo da Vitoria de Vigo converteuse nun dos emblemas da cidade. Entre outras cosas, atribúeselle a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809: por iso, desde ese ano, o Cristo sae en procesión cada primeiro domingo de agosto.
Descargar todas as imaxes