O Concello asina un convenio de 500.000 euros co Auditorio Mar de Vigo para potenciar a cultura
Abel Caballero deu conta hoxe venres da aprobación dun convenio de colaboración co Auditorio Mar de Vigo polo que o Concello subvencionará actividades culturais e artísticas no recinto por valor de 500.000 euros. O obxectivo, sinalou, é "potenciar e lanzar iniciativas para todos os públicos".
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe venres un convenio cos xestores do Auditorio Pazo de Congresos por valor de medio millón de euros para potenciar, lanzar e trazar a oferta cultural e de ocio na cidade". En concreto, detallou, subvenciónanse 55 actividades moi variadas a para todos os públicos: espectáculos infantís, óperas, mísica coral, folk, espectáculos de humor, danza, música pop, eventos gastronómicos, cantaaoutores, música rock, proyección de películas, musicais.., entre outras.
Gerencia
Por outra banda, na Xerencia de Urbanismo deuse conta das comunicacións previas da oficiña de licenzas durante o mes de maio. Tramitáronse 316, das que 70 eran de obra, 164 de obra menor e 82 de actividade. Explicou que o rexistro está a experimentar unha tendencia ascedente (281 en xaneiro e febreiro, 203 en marzo e 254 en abril) destas licenzas, o que pon de manifesto o éxito deste procedemento.