O alcalde sinala Jenaro de la Fuente como exemplo de humanización de cidade sostible
Abel Caballero definiu hoxe o resultado das obras do tramo final de Jenaro de la Fuente como exemplo de humanización de cidade sostible. O importe dos traballos ascendeu a 250.000 euros e renováronse 200 metros de redes de saneamento.
O rexedor achegouse está mañá ao final de Jenaro de la Fuente para comprobar o resultado dos traballos de humanización que veñen de rematar entre as rúas Aragón e Toledo e que supuxeron un investimento de 250.000 euros. Durante a visita, cualificou as obras como referente de cidade sostible, explicando que se renovaraon máis de 200 metros de redes de abstecemento e saneamento. Tamén se colocaron media ducia de luminarias, cinco xardineiras e tres bancos de "estilo gaudiano".
Descargar todas as imaxes