O Concello rexeita o acordo da Unión Europea con Turquía para a devolución dos emigrantes a este país
A Corporación Municipal aprobou este mércores unha declaración institucional na que amosa a súa desaprobación ao acordo acadado entre os Xefes de Estado e do Goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a este país de todos os emigrantes, incluídos os demandantes de asilo sirios.
"O pasado martes 8 de marzo, as e os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea alcanzaron un principio de acordo para pór en marcha un programa para deportar a Turquía a todos os emigrantes -incluídas as persoas demandantes de asilo sirios e de calquera outra nacionalidade-, que cheguen á Unión Europea a través deste país, a cambio de que os Estados da Unión recoloquen a un número equivalente de persoas refuxiadas sirias asentadas xa en Turquía, e doutras medidas económicas e políticas a favor do Estado turco.
O Concello de Vigo considera que, de confirmarse devandito pacto, a Unión Europea non estaría a respectar os convenios internacionais sobre dereito internacional de asilo. E que estariamos a asistir ademais ao proceso de deconstrución da Unión Europea. O Concello de Vigo non recoñece esta Europa, e cremos que non se pode facer un acordo de intereses con Turquía utilizando os dereitos das persoas refuxiadas emigrantes como moeda de cambio, porque o consideramos inadmisible.
Desde o Concello de Vigo consideramos que as e os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea, ante a crise máis grave que vive desde a Segunda Guerra Mundial, asinaron un preacordo inmoral e de dubidosa legalidade, que, de confirmarse os termos aos que tivemos acceso a través das informacións recollidas polos medios de comunicación, contravén claramente o dereito de asilo e múltiples convenios internacionais sobre dereitos humanos.
O Concello de Vigo mostra a súa adhesión ás peticións de organizacións non gobernamentais, Alto Comisionado da ONU para as persoas refuxiadas, e activistas prol dereitos humanos na denuncia, rexeitamento e esixencia de retirada do preacordo de Unión Europea e Turquía para devolucións masivas, así como a esixencia de abordar con urxencia a crise das persoas refuxiadas defendendo os dereitos humanos, creando corredores humanitarios, acolléndolles con respecto e solidariedade, e posibilitándolles o asilo entre os membros da Unión Europea.
Por todo o exposto, o Concello de Vigo declárase a favor de mostrar o seu rexeitamento ao acordo alcanzado entre as e os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a Turquía de todos os emigrantes -incluídas as persoas demandantes de asilo sirios e de calquera outra nacionalidade-, que cheguen á Unión Europea.
O Concello de Vigo esixe á Unión Europea e aos Estados membros dar unha resposta humanitaria urxente ante a grave situación que viven as persoas refuxiadas, respectuosa co dereito internacional de asilo e os dereitos humanos. Neste sentido, insta o Goberno da Unión Europea e aos Estados membros á retirada de calquera acordo, pacto, convenio ou proposta de acción que non respecte o dereito internacional de asilo ou convenios internacionais sobre dereitos humanos asinados pola Unión Europea.
O Concello de Vigo súmase ao Manifesto "Pasaxe Segura" subscrito por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa e, neste sentido, insta á UE e os seus Estados membros a que ordenen a creación de corredores humanitarios, e que posibiliten, desde o respecto, o asilo destas persoas entre os 28 Estados membros da Unión Europea".