mércores, 30 marzo 2016

Vigo pecha 2015 cun superávit superior aos 22 millóns de euros

O Pleno da Corporación tomou coñecemento este mércores da liquidación do orzamento municipal de 2015, que arroxa indicadores positivos e consolida a Vigo como a cidade coas finanzas máis sólidas de España, en verbas do edil de Facenda. Jaime Aneiros subliñou a execución do 90% do orzamento, a débeda cero do Concello e o pago a provedores nun prazo de dez días.

O Concello adica 14 millóns de euros a amortizar débeda e a investimentos na cidade

mércores, 30 mar 2016

A Corporación Municipal aprobou na sesión deste mércores dúas modificacións de crédito: unha para amortizar 7 millóns de débeda municipal con cargo ao superávit e outra para facer fronte a investimentos en humanizacións e nas obras da grada de río do Estadio de Balaídos por unha contía total de 7.100.000 euros, empregando unha parte do remanente da liquidación dos orzamentos de 2015.

O Pleno solicita que a Lei de Área Metropolitana inclúa o tratamento de Vigo como capital de provincia

mércores, 30 mar 2016

Os votos do PSOE e Marea deron luz verde a unha moción solicialista na que se insta á Xunta a que inclúa na modificación de Lei de Área Metropolitana o tratamento de Vigo como capital de provincia. Tal e como defendeu o concelleiro Carlos López Font, esta inclusión foi un dos acordos acadados durante as reunións cara á modificación desta norma.

A Escola Municipal de Teatro celebra o "Día Mundial do Teatro"

mércores, 30 mar 2016

O 27 de marzo celebrouse en todo o mundo o "Día Mundial do Teatro". Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o xoves 31 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnos/as da Escola.

III Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo

mércores, 30 mar 2016

O Museo Liste convoca o III Concurso de Fotografía co que se pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. "Vigo: símbolos da cidade" é o tema elixido para este ano coa intención de recoller aqueles símbolos que os cidadáns consideran representativos da cidade olívica. Prazo de admisión das obras ata o 3 de maio de 2016 ás 14:00 h.