Escoitar

O Concello apoia ao Salón do Automóbil de Vigo, que cumple neste ano un cuarto de século

Nesta 25ª edición daránse cita no recinto feiral do IFEVI, do 2 ao 10 de abril, un total de 48 marcas de coches e motos que o converten no terceiro máis importante de España. O segundo tenente de alcalde, David Regades, participou este mércores na presentación.

mércores, 30 mar 2016
1459352412P3310760.JPG
Na presentación aos medios, o comité organizador, en boca de Jose Enrique Elvira, agradeceu o apoio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o resto de institucións públicas e privadas que fixeron posible que o salón olívico sexa o máis lonxevo de cantos se celebran na peninsula ibérica. Ademais, dende a organización quixeron facer fincapé en que esta será unha edición moi especial, na que, ademais das actividades propias do salón, celebrarase por primeira vez unha espectacular competición de Freestyle e Motocross.

Pola sua banda, Fernandez Alvariño expresou a súa gratitude ao IFEVI pola sua hospitalidade e profesionalidade e subliñou que "Vigo é unha cidade que gana batallas" en relación aos anos de crise do sector da automoción e nos que este salón, co apoio de toda a cidade de Vigo, conseguíu superarse ano tras ano.

Por último, David Regades, en nome do Concello de Vigo, quixo expresar a gratitude de toda a cidade por "ter conseguido que este salón da automoción, un sector fundamental para a economía e o emprego de Vigo, da sua área e de Galicia, chegue a cumplir estes 25 anos". Asimesmo Regades, en nome do propio alcalde, invitou a todas as viguesas e vigueses e tamén a todas as galegas e galegos a que "se acheguen a este magnifico salón e participen de todas as actividades programadas".
Descargar todas as imaxes