Escoitar

Vigo rende tributo á industria conserveira coa denominación dunha praza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este venres o acto de inauguración da nova Praza da Industria Conserveira, na confluencia de Beiramar coas rúas Coruña e Jacinto Benavente, un recoñecemento da cidade a unha actividade económica "tan importante" para o progreso de Vigo.

venres, 12 dec 2014
1418389036plaza.JPG
O rexedor vigués explicou que o sector -a través de ANFACO- solicitara dar o nome desta industria a un espazo "emblemático" da cidade e a unanimidade da Corporación municipal apoiou a proposta de denominar Praza da Industria Conserveira á confluencia da Avenida Beiramar coas rúas Coruña e Jacinto Benavente.
Descargar todas as imaxes